En 1989 constitúese Metalúrgica BB, S.C. que en 1.993 se converte a Metalúrgica BB, S.L., dedicada á reparación e mantemento de maquinaria, situada na rúa Cemiterio Vello 1 da localidade coruñesa de Carballo.
En 1.997 Metalúrgica BB, S.L. no seu afán de crecemento e expansión decide dar unha nova dimensión á empresa e adquire as instalacións sitas no Polígono Industrial de Bértoa, parcela B-9, de Carballo (A Coruña), trasladando a sede social da empresa a estas instalacións.
O obxecto social de Metalúrgica BB, S.L.sempre foi o deseño e desenvolvemento de todo tipo de maquinaria industrial e os seus compoñentes do mesmo xeito que á reparación, conservación e mantemento da mesma. Os sectores de aplicación da nosa actividade son moi variados, pasando desde a industria da alimentación, o sector enerxético, a industria da madeira, a industria mineira, o sector naval, etc.
Interésanos o seu negocio e queremos garantirlle o mellor servizo, avalado por unha longa e extensa experiencia en todo tipo de sectores industriais.
Descubra todo o que podemos facer para vostede e a súa empresa, ofrecéndolle solucións eficaces e rendibles a prezos competitivos.
Invitámoslle a visitar os distintos apartados da nosa web onde atopará toda a información necesaria sobre nós e os nosos traballos.
Para unha atención personalizada, contactar connosco
