Sectores de aplicación
Sector Madeireiro:
- Deseño, fabricación e montaxe de varias liñas de trituración de madeira en distintas fábricas.
- Reparación de diversa maquinaria para a fabricación de taboleiro (Prensas, Lixadoras, Serras, etc.) Contamos cunha división especializada neste tipo de mantementos: Lixadoras de taboleiro, canteadoras, serras, etc.
- Deseño, e fabricación de enfriadores para taboleiros.
- Mantemento continuo en distintas fábricas.
- Etc.
Sector Alimentario:
- Construción de liñas de produción para fábricas de pan (Amasadoras, Transportadores, Conformadoras, Cortadoras, Tuneis de fermentación, Etc.)
- Deseño e construción de todo tipo de transportadores.
- Deseño e construción de rodetes cortadores para masa por laminación (diversas formas).
- Construción de carros transportadores para a desconxelación de peixe en balsas (10 Tn)
- Mantemento continuo en distintas fábricas.
- Etc.
Sector Enerxético:
- Deseño, fabricación, instalación e automatización de comportas para centrais hidroeléctricas.
- Deseño e fabricación de limpiarreixas para centrais hidroeléctricas.
- Fabricación de distintos compoñentes para o sector eólico.
- Recuperación de calquera parte mecánica dun aeroxerador, con gran experiencia no sector. Contamos cunha división concreta para estes traballos especializada en recuperación de multiplicadoras e demais elementos do sector eólico.
Realizamos recuperacións íntegras de multiplicadoras, seguindo un procedemento de traballo interno, baseado na experiencia alcanzada. Unha vez recepcionada a multiplicadora desmóntase cada un dos seus compoñentes e clasifícanse, realízanse as inspeccións e os ensaios pertinentes sobre cada un deles en concreto. Con todos estes datos elabórase un proxecto de reparación, totalmente transparente para os nosos clientes co fin de informarlles das anomalías detectadas, reparacións propostas e orzamento económico.
Seguindo a mesma sistemática de traballo realízanse recuperacións de calquera outro compoñente do sector: Cilindros e demais elementos de Pitch, coroas de orientación, reductoras de orientación, soldaduras en bastidores, mecanizados in situ, servizos de apoio técnico a modo de reducir fallos mecánicos.
Sector Mineiro e tratamento de áridos
- Reparación de diversa maquinaria de canteira (Alimentadores, Muíños, Machacadoras, etc.)
- Fabricación de diversa maquinaria (Norias de secado de areas, Bandas transportadoras, Trómeis de alimentación, alimentadores por vibración, etc.)
- Mantemento, reparación e reforma de maquinaria de obras públicas. Especializados en fabricación de bulóns de gran calidade a prezos moi reducidos.
- Mantemento continuo en distintas canteiras.
Xeral
- Mecanizado xeral (Torneado, Fresado, Mandrinado, Taladrado, Roscado, etc.) con capacidade para pezas de grandes dimensións.
- Mecanizado in-situ de grandes pezas, con longa experiencia en posta en marcha de calquera tipo de tromel ou tambor.
- Calderería xeral (Montaxe de pequenas estruturas e conformado de chapa)
- Soldadura (Recuperación de pezas e recargues especiais).
- Construción e reparación de circuitos hidráulicos e neumáticos (Deseño de esquemas)
- Reparacións mecánicas pesadas.
- Etc.