INICIO EMPRESA FABRICACIÓN E REPARACIÓN INSTALACIONS E DEPARTAMENTOS CALIDADE E MEDIOAMBIENTE EMPREGO CONTACTO

Da dirección de Metalúrgica BB S.L.

En 1989 baixo unha iniciativa profesional e vocacional avalada por anos de experiencia laboral no sector metalúrxico fundamos Metalúrgica BB, S.L. dedicada á fabricación e reparación de todo tipo de maquinaria industrial e os seus compoñentes e para tódolos sectores produtivos.

Desde o seu nacemento, a traxectoria de Metalúrgica BB, S.L. manifestou unha evolución constante e de feito en 1996, dado o incremento continuo da nosa actividade, xurdiunos a necesidade de ampliar as nosas instalacións e consecuentemente trasladarnos ó Polígono Industrial de Bértoa.

En Metalúrgica BB, S.L. sempre enfocamos a nosa política de calidade cara a consecución da plena satisfacción dos nosos clientes en canto ós seus intereses e expectativas e é por iso, que no ano 2001 determinamos dar un paso máis cara adiante e plasmar o noso sistema de Xestión de Calidade mediante a acreditación oficial UNE EN-ISO 9002. Desde entón e ata hoxe en día seguimos estando acreditados polas sucesivas actualizacións da norma o que avala e afianza o noso afán diario de progreso.

Metalúrgica BB, S.L. somos un equipo humano, integrado por profesionais moi capaces e competentes no seu traballo que xuntamos esforzo e experiencia para que estratexicamente o noso sistema de traballo se caracterice por unha mellora constante cun fin básico que é ofrecer e garantir un servizo de total calidade ós nosos clientes.

O noso Departamento Técnico é o resultado dun gran investimento de tempo en Formación e Investigación e Desenvolvemento e foi orientado para resolver problemas en liñas produtivas. É un departamento dedicado ás necesidades dos nosos clientes única e exclusivamente, e desde el faise un enfoque exhaustivo de tódolos traballos independentemente de que se trate dunha reparación, unha reconstrución, unha fabricación, etc. Grazas a esta longa experiencia profesional especializámonos en Enxeñería Inversa en tódolos sectores do mercado e en particular no sector eólico.

 
METALURGICA BB S.L.
Pol. Ind. de Bértoa, Parcela B-9 15105 Carballo, A Coruña (España)
Teléfono: +0034 981700283 - Fax: +0034 981 704071
Condicions de uso e información legal - Política de privacidade
www.metalurgica.com ©2019 - Tódolos dereitos reservados
diseño web E-Pulse